Empresa

Intacta é unha empresa de servizos ambientais. Ao longo dos anos especializámonos no desenvolvemento de proxectos singulares de enxeñaría, creando solucións específicas a medida das necesidades dos nosos clientes. Intacta nace coa vocación de ser o seu colaborador ambiental de referencia. Con eles queremos construír unha relación a longo prazo baseada no compromiso, a capacidade técnica, a innovación e a axilidade de resposta.

Temos a experiencia e capacidade técnica necesarias para dar a mellor solución a calquera necesidade ambiental dos nosos clientes, especialmente nos campos do tratamento de augas, residuos e enerxía. Podemos acometer o desenvolvemento integral de calquera proxecto, dende a súa concepción inicial ata a súa construción, posta en marcha e explotación.

Para iso contamos cun equipo formado por máis de trinta profesionais con ampla experiencia en campos como a enxeñaría civil, enxeñaría de instalacións, tratamento de augas, enxeñaría de procesos, enxeñaría química, tratamento de residuos ou enxeñaría enerxética.

CALIDADE CERTIFICADA

A Norma ISO 9001 é un sistema de xestión da calidade da empresa.

A norma ISO 14001 establece que a empresa cumpre un sistema eficaz de xestión ambiental.

 

A norma OHSAS 18001 é un sistema de xestión da Seguridade e Saúde no Traballo.

INTACTA está certificada en TRACE co número 5-15-048-6667-22. O sistema TRACE é unha plataforma de transferencia utilizada por multinacionais de todo o mundo para avaliación de provedores.

INTACTA está dada de alta como provedor cualificado en Repro co número 310706. Repro é o sistema de precalificación de provedores utilizado polo sector enerxético en Sudamérica e o sur de Europa.

Empresa innovadora 2019