INTACTA atópase no proceso de implantar no marco do programa INNOVAPEME un Comité de Innovación. Se ben manter unha cultura innovadora é cousa de todos, este comité permitirá xestionar a I+D+i dentro da empresa dunha forma máis orgánica e transversal, facilitando a identificación de oportunidades e a posta en valor dos coñecementos que vaiamos acumulando durante a nosa actividade empresarial.

O Comité de Innovación será transversal aos diferentes departamentos técnicos da empresa, coa fin de aplicar un enfoque multidisciplinar á hora de identificar as oportunidades de I+D+i e abordar a súa execución, e encargarase de levar a cabo as seguintes actuacións e procesos operativos:
  • Captación de ideas a nivel interno e externo incluíndo a colaboración con outros axentes do ecosistema e a vixilancia tecnolóxica.
  • Definición das actuacións de I+D+i a realizar.
  • Definición dun procedemento interno para a xestión integral da I+D+i.
  • Elaboración de estratexias para a explotación dos resultados.
Intacta Gestión Ambiental
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.