MICROALGAS PARA O TRATAMENTO DE AUGAS

No marco do programa INNOVAPEME, INTACTA tivo a oportunidade de colaborar con ANFACO-CECOPESCA no desenvolvemento de solucións para o uso de microalgas no tratamento de augas residuais industriais.
 
A búsqueda de alternativas aos procesos convencionais de tratamento e depuración de augas residuais industriais mediante novos procesos biolóxicos é unha liña de investigación e desenvolvemento de grande interese. O obxectivo é dispoñer de máis tecnoloxías, máis específicas e máis adaptativas a cada tipo de auga industrial, ademais de servir como complementos a procesos biolóxicos recorrentes.
 
As microalgas están abrindo un novo panorama para o tratamento de compostos metálicos, orgánicos e para formas complexas de nitróxeno. Por exemplo, microalgas tales como Scenedesmus spEspirulina spChlorella spTetraselmis sp e Pseudochlorella sp, amosaron xa a súa capacidade para a eliminación de cromo e outros elementos contaminantes empregando fotobiorreactores. Ademais da súa capacidade de tratamento, as microalgas ontribúen a mitigar os efectos das emisións de gases de efecto invernadoiro: son os maiores biofixadores de CO2 do planeta.
 
As nosas investigacións estiveron dirixidas á capacidade de tratamento de materia carbonácea disolta e do nitróxeno orgánico presente nas augas industriais de diferentes sectores, entre eles o agroalimentario, onde as formas de carbono e nitróxeno ao proceder do medio natural resultan máis facilmente compatibles coa actividade destes organismos; e tamén noutros como o químico, onde certos efluentes poden presentar formas “duras” de nitróxeno que poden ser “ablandadas” polas microalgas.
 
Durante os traballos realizados puidemos confirmar que determinadas especies de microalgas son capaces de tolerar e aproveitar o nitróxeno duro presente nunha auga residual industrial totalmente allea á natureza sen necesidade de acondicionamento previo, e puidemos validar a escala de laboratorio que son capaces de traballar en modo semicontinuo, o que abre interesantes oportunidades para escalar estes desenvolvementos en aplicacións industriais.

Puede que también te interese...

Intacta Gestión Ambiental
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.