XORNADA DE PECHE DO PROGRAMA INNOVAPEME

Este luns 30 de setembro INTACTA celebrou nas súas oficinas centrais nas Pontes a xornada de presentación dos resultados da súa participación no programa InnovaPeme, da Axencia Galega de Innovación. 
 
O InnovaPeme é un programa dirixido ás pequenas e medianas empresas para o financiamento de actividades integradas en plans de innovación que lles permitan sistematizar e fortalecer as súas capacidades neste eido.
 
Como resultado da súa participación neste programa, INTACTA vén de poñer en marcha o seu propio plan de innovación, no que destacan o desenvolvemento dunha ferramenta software de xestión da I+D na empresa e a realización en colaboración con ANFACO-CECOPESCA de estudios de laboratorio para o uso de microalgas no tratamento de augas residuais. 
 
INTACTA é unha empresa de enxeñería e servicios ambientais, especializada no desenvolvemento de proxectos e prestación de servizos para os sectores do tratamento de augas, tratamento de residuos e industria. INTACTA foi creada no ano 2011 e conta actualmente cun equipo de máis de 100 profesionais altamente cualificados que desenvolven a súa labor desde Galicia e en todo o territorio español.

Puede que también te interese...

Intacta Gestión Ambiental
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.