Empresas do grupo

GESTAN MEDIOAMBIENTAL S. L., EMPRESA AUTORIZADA COMO XESTOR DE RESIDUOS pola Xunta de Galicia nas actividades de transporte, almacenamento, valorización e eliminación. Conta con dous Centros de tratamento en Arteixo e Sobrado dos Monxes, ambos na provincia da Coruña e unha frota loxística para o transporte dos mesmos (máis de 1.000 contedores, 18 vehículos).

TECNOLOGÍAS Y TRATAMIENTOS AMBIENTALES S.L. (TTa), centra a súa actividade no DESEÑO, IMPLANTACIÓN E EXPLOTACIÓN (OUTSOURCING) de instalacións para o tratamento de augas residuais.

INTACTA GESTIÓN AMBIENTAL S.L. é a Enxeñaría Ambiental del GRUPO GESTÁN, pola súa natureza lidera a procura e o desenvolvemento en canto á diversificación do negocio e implantación de novos proxectos.

INVESPAR DESARROLLOS, S. L. constitúese o 14 de decembro do ano 2009. Convértese na sociedade matriz ou dominante do Grupo Xestan e o seu capital social está en posesión da Familia Pardo ao 100%. A súa constitución é o primeiro paso na reorganización empresarial do Grupo e punto de partida do seu Plan Estratéxico Empresarial para os seguintes anos.

BIOMASA FORESTAL S. L., ten como fin producir un BIOCOMBUSTIBLE (pellets de madeira) a partir de biomasa forestal, poñendo en valor os montes galegos e favorecendo o medio ambiente.